Friday 03 de May de 2024

Ana Mena actuará no Coliseum da Coruña o 15 de decembro para presentar o seu álbum ‘Bellodrama’


As entradas para sairán á venda este venres, 21 de xullo, ás 12.00 horas

Ana Mena, unha das artistas revolución do pop nacional,actuará o 15 de decembro no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira ‘Bellodrama’, na que presenta o seu segundo disco de estudio, do mesmo nome. A cantante sitúase no número un en vendas de discos en España, sendo o seu o álbum máis importante do ano dunha voz feminina pop no país.

O nome de Ana Mena súmase a unha longa listaxe de artistas xa confirmados que actuarán durante este ano 2023 no Coliseum da Coruña. Trátase de Ludovico Einaudi (24 de xullo), David Bisbal (16 de setembro), Pablo Alborán (30 de setembro), Quevedo (27 de outubro), Miguel Ríos (16 de novembro), Hombres G (18 de novembro) e Natos y Waor (25 de novembro). Con esta oferta musical o Goberno de Inés Rey busca dinamizar e manter o Coliseum como o principal recinto de Galicia e do noroeste na realización de grandes eventos culturais.

Ana Mena presentará na Coruña algúns dos seus últimos grandes éxitos, como son ‘LAS 12’, ‘Música ligera’ e ‘Quiero decirte’. As entradas para a súa actuación do próximo 15 de decembro sairán a venda este mesmo venres, 21 de xullo, a partir das 12.00 horas. Os puntos de venda serán os habituais para as citas deste recinto municipal: de maneira telemática a través da plataforma Ataquilla e na billeteira da praza de Ourense.